Sanidade non ve "preocupante" o aumento de casos covid e descarta que "tensione" o sistema sanitario

Publicado: viernes, 24 mayo 2024 13:21

A CORUÑA, 24 May. (EUROPA PRESS) -

O conselleiro de Sanidade, Antonio Gómez Caamaño, recoñeceu un "incremento" dos casos covid nas últimas semanas con "138 pacientes ingresados" en toda Galicia. No entanto, descartou que sexa un dato "preocupante".

"Non está tensionado para nada o sistema sanitario", recalcou após indicar que son cifras "similares ás do ano pasado". A enfermidade, aclarou, "non ten unha distribución estacional depende das interaccións sociais" que, segundo apuntou, aumentan en "primavera e verán".

Así o manifestou, a preguntas xornalistas, após unha reunión co equipo directivo da área sanitaria Coruña-Cee no complexo hospitalario universitario da Coruña (Chuac).

Fíxoo acompañado polo seu xerente, Luis Verde, quen coincidiu en sinalar que este "pequeno incremento de casos non impacta de maneira importante na prestación asistencial".

"Na Coruña, hai 21 ingresados con e por covid", concretou Verde, un dato que "vai diminuíndo". Para previr os contaxios, os facultativos recomendaron "hixiene de mans e uso de máscaras".

Contador