Unha das manifestacións para reclamar a cobertura dunha praza de pediatra
CEDIDA ARCHIVO
Actualizado: domingo, 16 diciembre 2018 19:44

   SANTIAGO DE COMPOSTELA, 16 Dic. (EUROPA PRESS) -

   O Sergas incorporará o martes 18 de decembro a un profesional que se fará cargo da atención infantil ordinaria dos Concellos de Cuntis e Moraña, que desde outubro se realizaba desde o centro de saúde de Caldas de Reis, e que provocara as protestas de colectivos de pais e de asociacións de usuarios.

   Desde a Consellería de Sanidade explicouse este domingo que a atención infantil en Cuntis e Moraña era prestada por un pediatra que deixou vacante a praza, debido a que no concurso aberto e permanente do Sergas, que se resolveu en outubro, esta profesional obtivo outra praza.

   Ante esta situación, o Servizo Galego de Saúde asegura que non puido dispor "doutro pediatra que prestase servizo de Atención Primaria nestes concellos", aínda que a atención infantil realizábase desde o centro de saúde de Caldas de Reis, co que apunta a que "a cobertura sanitaria estivo atendida na comarca en todo momento".

   A EOXI de Pontevedra e O Salnés xustifica que non se cubrira a praza de pediatría debido a que nesta especialidade hai "paro cero" e non se dispón de "especialistas nas listas de contratación", do mesmo xeito que sucede "noutras áreas sanitarias de Galicia e noutras comunidades autónomas".