Soben en dous os casos activos de COVID até os 314 en Galicia e aumentan os pacientes curados a 10.623

Actualizado: martes, 30 junio 2020 11:54

   SANTIAGO DE COMPOSTELA, 30 Jun. (EUROPA PRESS) -

   O número de casos activos de coronavirus en Galicia aumentou de novo noutros dous até os 314 este martes, mentres que as persoas curadas incrementáronse até as 10.623, o que supón oito máis.

   Así se reflicte nos datos actualizados este martes pola Consellería de Sanidade, que indica que do total de pacientes positivos catro permanecen en unidades de hospitalización --os mesmos que este luns-- e 310 en seguimento domiciliario --dous máis--, mentres que as UCIs galegas seguen sen casos COVID.

   Dos 314 casos positivos, 129 corresponden á área de Vigo --dous menos que este luns--; 70 á da Coruña e Cee --un menos--; 24 á de Santiago e Barbanza --sen cambios--; 21 á de Ourense --un menos--; 49 á de Lugo --cinco máis--; 11 á de Ferrol --igual que hai 24 horas-- e dez á de Pontevedra --un máis--.

   Sanidade sinala que, até a data, curáronse en Galicia 10.623 persoas e faleceron 619 pacientes con COVID. A última vítima foi notificada o 10 de xuño, que se corresponde cun home de 83 anos que estaba ingresado no Complexo Hospitalario Universitario de Vigo. Do total, 274 estaban vinculadas con residencias.

   O número de PCR realizadas na Comunidade galega sitúase en 182.174 fronte ás 179.717 rexistradas este luns.