A Fundación Paidea en A Coruña acolle hoxe a presentación do libro 'El juicio de los 23'

Europa Press Galicia
Actualizado: jueves, 23 febrero 2006 10:52

A CORUÑA 23 Feb. (EUROPA PRESS) -

A Fundación Paideia en A Coruña acollerá hoxe a presentación do libro 'El juicio de los 23', que recolle os incidentes laborais rexistrados en Bazán en 1971, a finais da dictadura franquista, e que rematron cunha causa aberta a varios traballadores e sindicalistas.

Esta presentación está organizado pola Fundación 10 de marzo do Sindicato Nacional de CC.OO., pola Asociación Fuco Buxán de Ferrol e polo Ateneo Republicano de Galicia, en colaboración coa Unión Comarcal de CC.OO. da Coruña e do Concello herculino.

Introducirán o acto, o concelleiro de Cultura do Concello da Coruña, Carlos González Garcés; o presidente do Ateneo Republicano, Carlos Etcheverría; e o analista político, Anxo Guerreiro.

Presentarán o libro, Rafael Pillado e José Torregrosa, autores e protagonistas do estudo, e membros tamén da Asociación Fuco Buxán. Pillado foi sindicalista, dirixente histórico do PCG e traballador de Bazán-Ferrol cando se produciron os sucesos do 10 de marzo de 1971, foi procesado en xullo de 1975 na causa 489/72 coñecida popularmente como "Juicio de los 23".

José Torregosa, mestre, poeta, exercía a docencia en marzo de 1972. Vinculado dende moi novo ao movemento cultural, foi procesado na causa da que trata este libro.

A presentación deste libro "El Juicio de los 23" que trata sobre os acontecementos desenvolvidos en Ferrol no final do franquismo é un dos actos programados pola Fundación 10 de Marzo para a recuperación da memoria histórica.

Contenido patrocinado