O Grupo Integrado de Enxeñaría da Universidade de A Coruña inaugurará a vindeira semana o primero congreso internacional

Actualizado: viernes, 7 julio 2006 19:26

A CORUÑA, 7 Jul. (EUROPA PRESS) -

O Grupo Integrado de Enxeñaría, un dos colectivos de investigación da Universidade de A Coruña máis dinámico, organiza dous congresos internacionais para a vindeira semana. O primeiro, que terá lugar entre os días 10 e 12, denomínase VECIMS (Virtual Environments, Human Computer Interfaces and Measurement Systems), mentres que o segundo, do 12 ao 14, chámase CIMSA (Computational Intelligence for Measurement Systems and Applications).

Os profesores Richard Duro e Fernando López Peña son, respectivamente, os responsables da organización dos congresos que se celebran por primeira vez en España. Como responsables internacionais figuran o profesor Mel Siegel da Carnegie Mellon University (Estados Unidos) e o doutor Enrique H. Ruspini, de Artificial Intelligence Center, SRI Internacional (Estados Unidos).

Estas reunións científicas terán lugar baixo o amparo da organización internacional IEEE (Institute of Electrical and Electronics Engineers). As sesión terán lugar no Hotel Hesperia de A Coruña e ás mesmas acudirán expertos procedentes de varios países da Unión Europea, ademais de Noruega, Rusia, Estados Unidos, Canadá, Arxentina, Brasil, Australia, Taiwán, México, China, Hongkong e Xapón.

Preto dun centenar de participantes presentarán e debatirán relatorios relativos ao emprego da intelixencia artificial en sistemas de monitorización en plantas industriais e de interacción entre o home e o ordenador e a aplicación de sistemas de medida entre eles.

Así, o luns, ás 10.30 horas, abrirase o primeiro dos congresos coa presenza dos dous profesores da Universidade da Coruña Richard Duro e Fernando López Peña ademais do presidente mundial da Sociedade de Intelixencia Computacional da IEEE, Vincenzo Piuri.

A IEEE é unha organización sen ánimo de lucro que agrupa a máis de 365.000 membros de 150 países. Está considerada como a asociación profesional que máis impulsa a tecnoloxía en todo o mundo. A súa autoridade e liderazgo están recoñecidos en áreas tan diversas como os sistemas aeroespaciais, os ordenadores e a comunicación, a enxeñaría biomédica, a distribución de enerxía ou a electrónica de consumo.