Beiras intégrase na xestora de En Marea, na que hai inscritos de Podemos

Gestora En Marea
EUROPA PRESS/REMITIDO
Actualizado: sábado, 30 julio 2016 18:57

   VIGO, 30 Jul. (EUROPA PRESS) -

   O voceiro nacional de Anova, Xosé Manuel Beiras, é un dos membros da xestora política constituída este sábado por En Marea, que tamén acordou como forma electoral conformarse como partido de adscrición individual. Na xestora política tamén hai dous inscritas de Podemos Galicia --Carmen González e Mariajo Bóveda--, que aínda non decidiu como acudirá á cita electoral deste outono.

   Ademais de Beiras, como integrante da súa formación política tamén atopa o secretario de Organización de Anova, Rafa Dopico; mentres que por parte de Esquerda Unida están o seu homólogo, Rubén Pérez, e a deputada Eva Solla.

   A xestora complétase con outros nomes procedentes de mareas municipais, como Iago Martínez, de Marea Atlántica. Así mesmo, na xestora estarán Manolo Barreiro, Ledi Piñeiro e Manolo Antelo, alcalde de Vimianzo e promotor de Foro Galego --espazo político que recolleu a persoas da órbita nacionalista, entre eles escindidos do BNG--.

   Por outro lado, tamén se aprobou un comité electoral, que será o órgano que tutele as eleccións primarias para elixir candidato e as listas polas catro circunscricións galegas. A este órgano presentáronse dúas listas, unha delas vinculada a Cerna --o colectivo que se escindiu de Anova--.

   Finalmente, foi a outra lista de nomes, tamén con membros das catro provincias a que conformará a xestora. Concretamente, serán: Millán Fernández (Lugo), Nine Paz (A Coruña), Pablo Nieves (Compostela), Martiño Ramos (Ourense), Hermida Dios (Pontevedra), Helena Cordero (A Coruña), Aníbal Ledo (A Coruña), Ronsel Pazos (Pontevedra), Xermán Tobío (Ames), Dani Conde (Ourense) e María Xosé Fernández Pardo (Lugo). Os integrantes do comité electoral non poden candidatarse.

Leer más acerca de: