A Deputación da Coruña edita a obra gañadora do Premio Rafael Dieste 'Final de película', de Gustavo Pernas

Actualizado: miércoles, 22 febrero 2006 21:29

A CORUÑA, 22 Feb. (EUROPA PRESS) -

O presidente da Deputación da Coruña, Salvador Fernández Moreda, presentou hoxe a o libro recén editado pola institución provincial 'Final de película', galardoado co Premio Rafael Dieste, nun acto no que tamén tomaron parte o autor da obra, Gustavo Pernas; o asesor cultural da Xunta de Galicia e coordinador do certame Rafael Dieste, Damían Villalaín; e o responsable da área de Cultura, Celestino Poza.

Na súa intervención, Fernández Moreda lembrou que o pasado mes de maio o xurado elexiu como gañadora, entre as 26 obras participantes, a creación de Gustavo Pernas pola súa "complexidade formal, a pogresión dramática na súa interrelación entre as personaxes e a gran actualidade temática".

Ao seu xuízo, este premio, dotado con 6.050 euros, "permite dar a coñocer novos valores da dramaturxia galega e consolidar aos autores que xa existían". Por iso, calificou o Rafael Dieste coma o "máis importante" dos galardóns que se convocan en Galicia e o "único" nas súas características, pois, ademáis de galardoar o texto, faise a edición da obra na colección de teatro da Deputación da Coruña e estrease en distintos escenarios da provincia.

Así, a estrea de 'Final de película' terá lugar o vindeiro 9 de marzo ás 20.00 horas no Teatro Rosalía da Coruña a cargo da compañía Ancora Produccións, que repetirá os días 10 e 11 de marzo á mesma hora. Posteriormente percorrerá dez municipios da provincia coruñesa, Oleiros, Ribeira, Carballo, San Sadurniño, Culleredo, Betanzos, Ferrol, Arteixo, Ames e Noia.

Pola súa banda, o autor da obra gañadora, Gustavo Pernas, agradeceu o premio da institución provincial, da que dixo que xurde "dunha chea de inquietudes e de frecuentes irritacións" no seu contorno". "'Final de película' é a miña primeira obra sen subtítulo de comedia, pero non teman o humor, como a esperanza e o último que se perde", concluiu.