Caixa Galicia organiza varios talleres dinamizadores con motivo do Día de Internet en toda a comunidade

Europa Press Galicia
Actualizado: lunes, 12 mayo 2008 21:48

A CORUÑA 12 May. (EUROPA PRESS) -

A Obra Social Caixa Galicia programou na súa Rede de Centros de Maiores (dez en Galicia) e na súa Rede de Centros de Novas Tecnoloxías-Ciberalias (A Coruña e Lugo), varios talleres dinamizadores para continuar achegando as novas tecnoloxías á cidadanía con motivo do Día de Internet.

Nos centros de maiores co obxectivo de que se inicien e afonden no manexo de internet e as novas tecnoloxías, a Obra Social Caixa Galicia organiza varias actividades en cada unha das ciberaulas situadas na Coruña, Betanzos, Ferrol, Pontedeume, Santiago, Lugo, Monforte de Lemos, Viveiro, Ourense e Pontevedra.

Por iso, o próximo 16 de maio de 10.00 a 13.00 horas e de 17.00 a 19.00 horas celebrarase un taller sobre o correo electrónico, outro de prensa virtual, un terceiro de busca de información.

Ademais, os participantes poderán apoiar, a través de internet, a candidatura da Torre de Hércules da Coruña a ser recoñecida como ben do Patrimonio da Humanidade e participar nun concurso online sobre Patrimonio da Humanidade que promove Obra Social Caixa Galicia.

INCORPORARSE Á SOCIEDADE DA INFORMACIÓN.

Por outro lado, nos centros de Ciberalia e co fin de continuar aumentando o número de persoas que se incorporan en Galicia á Sociedade da Información, Obra Social Caixa Galicia proporciona formación en novas tecnoloxías e libre acceso á utilización de internet nos seus centros da Coruña e Lugo.

Así, celebraranse o mesmo día 16 e no mesmo horario un taller sobre correo electrónico, e outros sobre compras en internet. Ademais participarán como os maiores no concurso de Patrimonio da Humanidade organizado pola entidade bancaria para apoiar a candidatura da Torre de Hércules.

Contenido patrocinado