Dous alumnos da USC realizarán unha instalación mixta solar fotovoltaica e térmica nun suburbio en Bolivia

Europa Press Galicia
Actualizado: martes, 4 noviembre 2008 18:37

SANTIAGO DE COMPOSTELA 4 Nov. (EUROPA PRESS) -

Dous alumnos do Máster en Enerxías Renovables da Universidade de Santiago (USC), Daniel Rey e Alejandro Míguez, realizarán o seu proxecto de fin de estudios en Senkata, un suburbio da cidade de La Paz, en Bolivia, no que colocarán unha instalación mixta de enerxía solar fotovoltaica e térmica.

Segundo explicou hoxe a USC, a instalación permitirá a 150 nenos dun centros social --que serve como albergue, escola e ambulatorio-- e ao seu ámbito familiar, constituído por máis dun millar de persoas, gozar de duchas de auga quente neste poboado situado a 4.200 metros de altura, no medio do altiplano boliviano e cun dos climas máis extremos do planeta.

Ademais, o equipo de traballo porá en funcionamento un taller ocupacional de enerxías alternativas no mesmo centro dirixido á poboación adolescente da zona.

O proxecto será financiado pola Dirección Xeral de Cooperación Exterior de la Consellería de Presidencia, a Universidade de Santiago e a Fundación Enerxía Solidaria.

Pola súa banda, o respaldo técnico correrá a cargo de Vicente Gándara e Iago Fernández, do grupo de Aplicación Fotovoltaicas da USC e das empresas Isofoton e NEP. Os alumnos contarán co apoio de campo do equipo da asociación Utaxama, que xestiona o centro dende 2005.

Así mesmo, mentres se ultiman os detalles deste proxecto, que poderá ser seguido a diario dende o blog de www.eryse.com, os alumnos da Facultade de Física están a levar a cabo unha campaña de recollida de material escolar.

Contenido patrocinado