Oroso (A Coruña) inaugura cunha videoconferencia o seu telecentro que "achegará as tecnoloxías aos cidadáns

Europa Press Galicia
Actualizado: lunes, 1 diciembre 2008 15:42

SANTIAGO DE COMPOSTELA 1 Dic. (EUROPA PRESS) -

O subdirector xeral de Telecomunicacións e Audiovisual, Manuel Conde, e o alcalde de Oroso (A Coruña), Manuel Miras Franqueira, inauguraron hoxe cunha videoconferencia un telecentro na localidade coruñesa, o obxectivo do cal é "achegar o acceso ás novas tecnoloxías a todos os cidadáns".

Así, o telecentro convértese "nun espazo apropiado para iniciarse no mundo da comunicación audiovisual e a alfabetización dixital". Como mostra diso, a inauguración realizouse dende O Carballiño (Ourense), de maneira que, a través dunha videoconferencia, o alcalde do municipio, Carlos Alberto Montes, deu "a benvida" a Oroso á rede de telecentros.

Para a posta en marcha desta instalación, a Secretaría Xeral de Comunicación colaborou coa dotación de equipos audiovisuais e multimedia, así como co seu mantemento tecnolóxico, entre outras achegas. O presuposto total invertido para este servizo alcanzou os 97.000 euros.

Un telecentro de comunicación é un espazo acondicionado acusticamente e de estética particular que dispón de material informático --ordenadores, impresoras, etc.--, equipo de videoconferencia, material audiovisual, pantallas de proxección e de plasma, así como outros sistemas de control que permiten recrear diferentes escenarios --accións formativas, videoconferencias, visionado de audiovisuais ou multimedia, entre outras--.

Actualmente, forman parte desta rede as localidades da Coruña, Abegondo, Arzúa, Betanzos, Boiro, Carballo, Melide, Muros, Ribeira, Santa Camba, Santiago, Vedra e Vimianzo na provincia da Coruña; A Fonsagrada, Chantada, Foz, Lugo, Monforte de Lemos, Monterroso, Quiroga e Viveiro, en Lugo; O Barco de Valdeorras, O Carballiño, Ourense, Verín e Xinzo de Limia, en Ourense; e A Estrada, Lalín, Ponteareas, Pontevedra, Marín, Redondela, Tui e Vigo, en Pontevedra.

Contenido patrocinado