O segundo seminario de Acuinnova analizará a partir de mañá a situación da acuicultura en Sudamérica

Europa Press Galicia
Actualizado: domingo, 13 septiembre 2009 15:44

SANTIAGO DE COMPOSTELA 13 Sep. (EUROPA PRESS) -

O segundo seminario da Rede de Innovación e Desenvolvemento da Acuicultura en Iberoamérica (Acuinnova) analizará a partir de mañá, día 14, o estado da situación e metodoloxías neste ámbito de traballo.

O encontro, segundo informou hoxe a Universidade de Santiago de Compostela (USC), celebrarase na Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais co fin de "avaliar a situación dos diferentes países e especies cultivadas", así como os aspectos condicionantes en aqueles países nos que a acuicultura aínda non se desenvolveu.

Así mesmo, este programa dedicará especial atención ao estudio pormenorizado da situación do rodaballo e ás súas perspectivas de futuro. O cultivo desta especie é o principal expoñente da piscicultura mariña en España.

A primeira das xornadas do seminario comezará mañá a partir das 9.00 horas cunha sesión dedicada á discusión e o deseño dun cuestionario para a análise da innovación na acuicultura en Sudamérica.

Contenido patrocinado