VIGO, 3 May. (EUROPA PRESS) -
A Universidade de Vigo, a empresa galega Aldaba e o Centro de supercomputación de Galicia (Cesga) crearon un novo sistema de sinatura electrónica "máis eficaz e seguro", ao permitir incluír datos máis datos do usuario, e cun pequeno tamaño, o que permite reducir os seus custos.
O proxecto naceu en 2007 dentro do programa Profit del Ministerio de Industria e, tras dous anos de traballo, xa concluíu e mesmo Aldaba e o Cesga estano a aplicar de forma práctica. As súas principais vantaxes permiten selar a sinatura no tempo, de maneira que queda totalmente certificada, ou incluír datos sobre o rol de cada usuario nunha organización, en vez de achegar tan só a identidade da persoa.
Este valor engadido á simple sinatura, e que se logra a través dunha "familia de dispositivos", consegue ofrecer un método máis eficaz e seguro á hora de verificar solicitudes de información ou aprobar documentos. De feito, segundo explicou a Europa Press un dos investigadores do Grupo de Tecnoloxías da Información (GTI) da Universidade, Felipe Gil, nun principio a idea está pensada para as administracións públicas e institucións, aínda que tamén se busca a súa comercialización no mercado en xeral.
A Infraestrutura de Sinatura Electrónica cualificada (iSEC), que é como se denomina esta iniciativa, é ata agora a única que permite o selado temporal, de forma que o seu uso equivalería ao convencional "cuño e data" que realizan os organismos oficiais. Para levar a cabo esta certificación temporal, nútrese de ata tres fontes diferentes: o sistema de satélites GPS, da iniciativa europea Galileo, e do Real Observatorio da Armada de España (ROA), institución dedicada á astronomía e que é a encargada de marcar a hora oficial no estado.
Segundo explicou Gil, inicialmente buscábase recorrer ao sistema europeo Galileo --equivalente ao estadounidense de GPS-- pero debido a que o seu desenvolvemento aínda é incipiente, con solo dous satélites, decidiuse acudir tamén ao GPS e ao ROA. En todo caso, asegurou que entre eles "non debería haber diverxencias" que distorsionasen as certificacións da hora, posto que as diferenzas entre estes tres sistemas son "inapreciables".
COMPACTO
Ademais, este sistema ten a particularidade de que o seu hardware, o seu soporte físico, é "compacto", dun tamaño equivalente a "un libro gordo" ou algo máis pequeno que "a caixa dun teléfono móbil", explicou o investigador da Universidade de Vigo. Así, en canto á súa aparencia, trátase dun pequeno dispositivo que se conecta á corrente, a internet e cunha saída para a antena que capte o sinal do satélite.
Esta característica permite reducir custos nun sistema cun prezo bastante elevado, posto que as infraestruturas de sinaturas electrónicas que actualmente se comercializan no mercado teñen un prezo aproximado duns 30.000 euros.
USUARIO
Outra das novidades que caracteriza a este proxecto, onde Aldraba e Cesga se encargaron de desenvolver todo o software intermedio necesario para a xestión da información e da infraestrutura creada polo grupo universitario, é que permite ir máis alá dos mera identificación do usuario, permitindo coñecer tamén o estatus da persoa dentro da organización á que pertence.
Un dos exemplos de uso é o caso dos colexios profesionais, cando teñen que conceder visados para proxectos. Así, ao facer a certificación dixital, tamén se pode comprobar que a persoa que emite a solicitude pertence ao citado organismo --ante a posibilidade de que, por exemplo, de que fose membro da entidade pero posteriormente se dese de baixa-- .
VANTAXES
Felipe Gil destacou as vantaxes da sinatura electrónica sobre as tramitacións convencionais de documentación e recordou que o sistema avanzado recentemente creado, que Cesga aplicou de forma experimental e Aldaba comercializa, permite dar unha solución para os documentos que necesitan "sinatura e selo" dunha institución.
Así mesmo, precisou que coa rúbrica dixital se pode detectar se o documento validado se modificou tras a certificación, o que supón un plus de seguridade ante a posibilidade de que unha falsificación no formato papel pase desapercibida. A todo iso, no caso do sistema iSEC, se unen as novas prestacións que ofrece.
Este investigador recordou que, a demais de todas estas implicacións, a tramitación dixital axiliza os procesos e mesmo pode evitar o perigo de que "se perderse documentación" que sofre continuos traslados duns departamentos a outros.