A Universidade de Vigo crea unha revista dixital para difundir as investigacións e novidades na docencia

Actualizado: miércoles, 28 mayo 2008 22:18

VIGO, 28 May. (EUROPA PRESS) -

A Universidade de Vigo creou unha revista dixital de acceso libre e gratuíto co obxectivo de dar a coñecer as investigacións e novidades introducidas no ámbito da docencia.

Así, a Revista de Formación e Innovación Educativa Universitaria (Refiedu) abrangue diversos contidos, dende reflexións e experiencias ata traballos de investigación que poidan resultar de interese para o profesorado.

Con carácter trimestral e dispoñible na dirección http://webs.uvigo.es/refiedu/ref.htm, a revista está pensada como unha ferramenta para poñer en comunicación os docentes e difundir o seu labor, "algo que deberían propoñerse todos os profesores", segundo apuntou o vicerrector de Formación e Innovación Educativa e editor da revista, Pedro Membiela.

Membiela tamén se referiu ao formato dixital e explicou que este pretende "aproveitar as vantaxes da edición electrónica para conseguir unha difusión máis áxil, sinxela e ampla". Ademais, agregou que, desta forma, tamén se logrará abranguer zonas que van máis alá da propia Universidade de Vigo, como son "o escenario latinoamericano e o lusófono".