SANTIAGO DE COMPOSTELA 15 Jun. (EUROPA PRESS) -
A Dirección Xeral de Comunicación Audiovisual de la Xunta de Galicia puxo en marcha esta semana un portal web, www.tdtgalicia.es, con información sobre a Televisión Dixital Terrestre (TDT) en Galicia.
Segundo informou a dirección xeral nun comunicado de prensa, este portal achega información de carácter xeral e específico sobre a chegada da TDT á comunidade, dirixido tanto a profesionais coma a usuarios da nova plataforma de comunicación.
Este lanzamento enmárcase dentro dunha serie de iniciativas da Xunta destinadas a asegurar o "correcto despregamento" da televisión dixital en Galicia, que tivo o seu primeiro punto de inflexión hai uns meses coa implantación do sistema no municipio de A Fonsagrada (Lugo).
Así, o portal estrutúrase en catro partes diferenciadas de información sobre a TDT. A primeira delas contén información xeral sobre a nova televisión e as súas vantaxes, mentres que a segunda trata de explicar aos consumidores os pasos básicos para acceder ao novo modelo.
A continuación, a web ofrece un apartado destinado aos profesionais, que achega información técnica e sobre a lexislación vixente na materia. Por último, o portal conta cunha oficina técnica sobre TDT, na que se fai un percorrido polos seus servizos e obxectivos.