Absolvidos os tres acusados dos delitos contra o medioambiente e condenado o capitán por desobediencia

Actualizado: martes, 17 diciembre 2013 22:10

A CORUÑA, 13 Nov. (EUROPA PRESS) -

A Audiencia Provincial de A Coruña absolveu tanto ao capitán do 'Prestige', Apostolos Mangouras, ao xefe de máquinas do buque e ao exdirector xeral da Mariña Mercante José Luis López Sors, polos delitos contra o medioambiente dos que eran acusados, mentres que unicamente o primeiro foi condenado a 9 meses de prisión por un delito de "desobediencia grave".

No seu fallo, feito público este mércores no undécimo aniversario do sinistro marítimo -acontecido o 13 de novembro de 2002 fronte ás costas galegas-, o tribunal que durante nove meses xulgou a catástrofe, absolveu de todos os delitos polos que eran procesadoas ao xefe de máquinas, Nikolaos Argyropoulos e a López Sors.

Mentres, o cuarto acusado, o primeiro oficial, Ireneo Maloto, queda excluído desta sentenza porque non chegou a ser xulgado, ao atoparse en paradoiro descoñecido.

O presidente da Sala que axuizou os feitos, José Luis Pía, foi o encargado de ler a sentenza, en lingua galega, sobre un sinistro que provocou unha das maiores catástrofes ambientais rexistradas en España.

O 'Prestige' verqueu ao mar unhas 63.000 toneladas de fuel xerando unha marea negra que afectou á costa galega e ás de Asturias, Cantabria e Francia.

(HABERÁ AMPLIACIÓN)