CIG cre unha "baixeza" que Itinere suxira que o accidente mortal de xullo en Rande puido ser unha "caída provocada"

Publicado: lunes, 18 diciembre 2017 19:36

SANTIAGO DE COMPOSTELA, 18 Dic. (EUROPA PRESS) -

O secretario xeral de Construción da CIG, Xosé Xoán Melón, considerou unha "baixeza" que o presidente de Itinere --grupo ao que pertence Audasa--, Pedro Pérez, suxira que o accidente mortal ocorrido no mes de xullo nas obras de ampliación da ponte de Rande, na AP-9, poida deberse a outra causa que non sexa un sinistro laboral.

Concretamente, o presidente de Itinere dixo que se investigaba se o operario falecido en xullo foi "un accidente ou unha caída provocada", o cal o sindicato CIG considera que se trata dunha "baixeza", xa que se lle "bota a culpa" a unha persona que non xa non está para "defenderse".

A CIG xa denunciou no seu día as condicións nas que están os traballadores e advirten de que é a "reforma laboral" a que permite que se encadeen contratos ou que se traballen festivos incluídos, como ocorreu, dixo na ponte da Constitución.

Ademais, lembrou que boa parte dos traballadores das obras de ampliación da AP-9 forman parte subcontratas e sinalou que, aínda que o accidente deste domingo foi "leve", o que "revela" son as dúbidas sobre as "condicións de traballo".