Cortado un carril da A-6 en sentido a Lugo tras envorcar un camión á altura de Carballedo

Publicado: martes, 7 mayo 2024 10:06

   LUGO, 7 May. (EUROPA PRESS) -

   O envorco dun camión na A-6 no quilómetro 461, á altura de Carballedo, obrigou a cortar un carril da autovía en sentido Lugo na mañá deste martes.

   Segundo informan a Europa Press fontes do 112 e da Dirección Xeral de Tráfico (DXT), un camión quedou envorcado sobre a estrada pouco despois das 9.10 horas.

   Era unha persona particular a que alertaba do ocorrido á central do 112 e indicaba que o condutor non estaba ferido e que estaba fóra do vehículo. Ademais, a carga --alpacas de herba-- quedaba esparexida polo firme.

   De tal forma, quedou cortada a saída do quilómetro 461 da A-6 e un dos carrís ata que finalicen os labores para retirar o camión accidentado.

Contador