A investigación conclúe que o incendio de Cenlle iniciouse por uns traballos cunha radial

Archivo - 085, teléfono de aviso de incendios forestais
XUNTA - Archivo
Europa Press Galicia
Publicado: viernes, 2 septiembre 2022 13:56

   OURENSE, 2 Sep. (EUROPA PRESS) -

   A investigación conclúe que o incendio de Cenlle (Ourense), que se atopa controlado e queima unhas 62 hectáreas, iniciouse polo uso dunha radial para cortar pedra, o que provocou faíscas que foron parar a vexetación na parroquia da Pena.

   Nun comunicado, a Xunta informa de que axentes do Grupo de Investigación de Incendios da Policía Autonómica en Ourense esclareceron este lume que se iniciou o pasado 29 de agosto.

   De tal forma, os axentes remitiron as dilixencias polos feitos ao xulgado de primeira instancia de garda en Ribadavia (Ourense). Nas tarefas de extinción participaron nove helicópteros, oito avións, 47 motobombas e 81 brigadas, entre outros medios.

   No que vai de ano, un total de 41 persoas foron investigadas como presuntas autoras de incendios forestais na comunidade galega.

Últimas noticias sobre estos temas

Contenido patrocinado