O Sergas celebrará 23 de xuño en Silleda o exame do proceso selectivo para 271 prazas de médico de familia

Archivo - Arquivo - Oposicións en Silleda
XUNTA - Archivo
Publicado: jueves, 16 mayo 2024 15:55

   Un total de 606 foron admitidas neste proceso por concurso-oposición

   SANTIAGO DE COMPOSTELA, 16 May. (EUROPA PRESS) -

   O Servizo Galego de Saúde (Sergas) celebrará o domingo día 23 de xuño no recinto feiral de Silleda (Pontevedra) o exame do proceso selectivo para o acceso a 271 prazas de médico de familia de atención primaria.

   Diso informou a Consellería de Sanidade nun comunicado, no que explica que o Sergas publica este xoves na súa páxina web a data deste exame da fase de oposición, que arrincará ás 9,30 horas.

   No proceso, que se desenvolve polo sistema de concurso-oposición, foron admitidos un total de 606 aspirantes, tal e como detallou o departamento autonómico.

   A través desta convocatoria, o Sergas oferta 126 prazas de acceso libre, 132 de promoción interna e 13 reservadas a discapacidade xeral. Estes 271 totais engádense ás 42 ofertadas no proceso selectivo d estabilización, mediante concurso de méritos, proceso que xa foi resolto no pasado mes de xaneiro.

Contador