Simulacro de medidas de seguridade para as eleccións do 12J
Simulacro de medidas de seguridade para as eleccións do 12J - XUNTA
Actualizado: viernes, 26 junio 2020 11:25

SANTIAGO DE COMPOSTELA, 26 Jun. (EUROPA PRESS) -

A campaña electoral para os comicios galegos do 12 de xullo, que inevitablemente estará marcada pola epidemia do coronavirus, arrincou esta medianoite na comunidade con normalidade, salvo algún pequeno incidente na pegada de carteis que Vox desenvolveu en Santiago de Compostela.

A principal incógnita é se o PPdeG de Alberto Núñez Feijóo cumpre as previsións das enquisas e é capaz de revalidar a súa maioría absoluta, até igualar a marca de catro seguidas que no seu momento obtivo Manuel Fraga, ou se existe algunha opción para un goberno de coalición de esquerdas entre o PSdeG, o BNG e Galicia en Común.

Un achegamento do nivel de apoio electoral que obteñen o Bloque e o PSdeG, as opcións de irromper no Parlamento galego de Vox e de Ciudadanos, que até agora non recolle ningunha enquisa, ou as consecuencias da división da coalición En Marea, que nas autonómicas de 2016 lograra situarse como segunda forza política e que nesta ocasión concorre por separado nas papeletas Galicia en Común (Podemos, EU e Anova) e Marea Galeguista, son outras das incógnitas que se despexarán nas urnas dentro de dúas semanas.

Más noticias

Leer más acerca de: