As prazas de Praterias e Toural e o Casino de Santiago acollerán mañá os concertos do 'Día Europeo da Música'

Europa Press Galicia
Actualizado: martes, 20 junio 2006 16:09

SANTIAGO DE COMPOSTELA 20 Jun. (EUROPA PRESS) -

As prazas de Praterías e do Toural e a sede do Casino de Santiago acollerán mañá os recitais cos que se conmemora o 'Día Europeo da Música. Están programados seis concertos, dos que cinco terán lugar ao aire libre, co obxecto de achegar a música á rúa e á xente que pasea por ela.

Por quinto ano o Casino de Santiago promove esta celebración do 'Día Europeo da Música' e pretende levar a música a todos os públicos nun ambiente único como é o do casco histórico da capital galega. O programa musical abrirase ás 12.00 horas, cun concerto a cargo da Banda Municipal na Praza de Praterías. Xa pola tarde, ás 19.00 horas, o Casino de Santiago será o escenario dun concerto do pianista Javier López Jorge.

Outra proposta é o jazz, con dúas actuacións na Praza do Toural a partir das 19.00 horas e ças 20.30 horas. Primeiro tocarán Carmen Rey & José Nine Quartet e logo tocaralle o turno a Leo Gianetto's Jazz Project.

Tamén haberá lugar para a música tradicional galega, coa presenza da Asociación folclórica Cantigas e Agarimos na Praza do Toural a partir das 21.30 horas. Pechará o 'Día Europeo da Música' o concerto do duo que integran Guillermo Fernández e Guadi Gallego, dous dos membros de Berrogüetto, que presentan traballo en solitario.

O Casino de Santiago é a entidade organizadora deste programa, para o que contou coa colaboración da Escola de Música 'Estudio' e co patrocinio das concellalías de Cultura e de Rehabilitación do Casco Histórico e da Dirección Xeal de Creación e Difusión Cultural da Consellería de Cultura.

FESTA DA MÚSICA NA RÚA

Precisamente, durante a presentación do programa, o vicepresidente do Casino, Ubaldo Rueda, "agradeceu" o apoio para poder levar adiante esta iniciativa; mentras que Miguel López Fariñas, director do grupo Martín Códax e que definiu as actuacións, resaltou que ao longo destes anos a data do 'Día Europeo da Música' "vai collendo forza e fai de Santaigo unha festa musical".

O acto estivo presidido polo concelleiro de Cultura, Néstor Rego, quen resaltou a importancia de "achegar a cultura á xente a través de levar a música á rúa" e constatou que no programa de concertos haxa artistas galegos "por mérito propio". Ademais, a concelleira de Rehabilitación, Casco Histórico e Centros Socioculturais, Mercedes Rosón, apuntou que facer este tipo de actividades "dalle vida" ao Casco Histórico.

Contenido patrocinado