O BNG fará desta lexistatura autonómica a do "cumprimento efectivo" do PXNLG, pero desde o respeto aos acordos co PSdeG

Actualizado: viernes, 12 mayo 2006 16:13

Os nacionalistas apoian a manifestación convocada pola Mesa para o 17 de maio e chaman a "unha mobilización masiva" a prol do idioma galego

SANTIAGO DE COMPOSTELA, 12 May. (EUROPA PRESS) -

O BNG comprométese a impulsar unha nova política lingüística para convertir a actual lexistatura autonómica na do "cumprimento efectivo" do Plan Xeral de Normalización da Lingua Galega (PXNLG) e nun tempo que supoña "un punto de inflexión" para un novo estatus do idioma propio de Galicia, ainda que admitiu que o fará sendo "plenamente respetuoso" cos acordos de goberno co PSdeG.

O coordinador executivo do BNG, Francisco Jorquera, e o secretario de Acción Social da formación e parlamentario autonómico, Bieito Lobeira, informaron hoxe do apoio da súa organización á mobilización convocada pola Mesa pola Normalización Lingüística para o 17 de maio en Santiago de Compostela, baixo o lema 'Porque temos, porque queremos, porque debemos. O Estatuto da normalidade lingüística O galego: un dereito, un deber'.

Bieito Lobeira expresou no acto celebrado hoxe o apoio da organización frentista á mobilización da Mesa a prol dun novo estatus para o galego e fixo un chamamento "á militancia nacionalista e ás persoas de ben" para que o 17 de maio acudan a Santiago e "defendan o que é noso". Segundo dixo, a manifestación do 17 de maio "tén que ser unha auténtica demostración de forza e masiva" a prol de que a lingua galega logre un novo estatus e conquiste novos espazos de uso.

Pola súa banda, Jorquera apuntou que este ano se celebrará cunha "significación especial" o 17 de maio --instaurado como 'Día das Letras Galegas' pola Real Academia Galega--, debido a que Galicia vive un contexto político de reformas estatuarias no Estado español e do inicio do proceso para un novo texto do Estatuto galego. Afirmou que o novo Estatuto de Cataluña significou "un salto histórico no estatus do catalán" e reivindicou para o galego precisa tamén un cambio na súa condición legal. Segundo o coordinador executivo do BNG, Cataluña e o País Vasco tiveron nestes anos uns gobernos que permiteron estender as súas linguas, mentras que no caso de Galicia houbo 16 anos de gobernos que non tiveron esta vontade política.

Jorquera apuntou que o galego está nunha "situación de inferioridade xurídica respecto ao castelán" e denunciou que "é imposible garantir poder vivir en galego". Tras lembrar tamén a perda de falantes e a perda do peso da lingua galega na transmisión xerancional, manifestou que a reforma do Estatuto galego poder servir para abordar un novo estatus para a lingua propia de Galicia e para "dotala da mesma protección xurídica que o castelán ten na Constitución".

O GALEGO, "DEREITO E DEBER"

Por iso, o dirixente do BNG reivindicou que no novo texto estatuario se lle recolleza ao galego a súa condición de "dereito e deber", xa que do contrario "no se garante o dereito a opción lingüística dos cidadáns". Demandou que o galego teña un "uso preferente" nas distintas administracións e por parte dos seus traballadores, ademais de avogar porque se converta en "lingua vehicular no ensino e nas universidades". Tamén pediu unha maior presenza e utilización nos medios de comunicación públicos e por promover o idioma nos territorios do sistema lingüístico galego-portugués.

Jorquera declarou que "defendendo o idioma estase defendendo os intereses de país" e lembrou que "Galicia é unha nación porque ten idioma propio". Indicou que a lingua é "o elemento fundamental da identidade propia e do recoñecemento como nacionalidade histórica" para Galicia e advertiu de que coa defensa dun novo estatus para o galego tratase de impedir unha perda de poder político para Galicia.

Neste contexto e recollendo os acordos da Executiva Nacional e dunha conferencia sobre lingua galega organizada pola formación, o secretario de Acción Social da formación, Bieito Lobeira, sinalou que "a recuperación da lingua e a súa normalización é un obxectivo político prioritario e irrenunciable para o BNG" e "aplicable" a todos os ámbitos nos que está presente, tanto no institucional como no social.

Lobeira marcou o obxectivo do BNG en "rachar coa inercia" derivada dos 16 anos dos anteriores gobernos autonómicos e "fixar obxectivos realistas e que supoñan avances" no uso do galego no ensino, na infancia, na mocidade, no eido laboral, nas novas tecnoloxías e noutras actividades. Avogou "polo fin da política narcolizante" dos anteriores gobernos da Xunta e por avanzar no respeto aos dereitos lingüísticos.

POLÍTICA LINGÜÍSTICA

"O BNG comprométese a que esta lexislatura sexa a do cumprimiento efectivo do Plan Xeral de Normalización da Lingua Galega", declarou o parlamentario autonómico, quen manifestou que hai que "aumentar e afortalar a conciencia social en defensa da lingua galega".

Jorquera asegurou que, frente ao "dereito" da Mesa a expresar as súas críticas á Xunta, o BNG entende que al novo goberno galego "hai que darlle tempo para que materialice os seus compromisos"; ainda que insistiu en que esta lexislatura ten que supoñer "un punto de inflexión" na política lingüística, que ten que ser concebida cun carácter "transversal".

Asegurou que o BNG "impulsará un cambio de estatus e nas accións do Goberno", ainda que o fará desde o "respeto" aos acordos co PSdeG que posibilitan o bipartito. Preguntado sobre se é preciso cambios ao frente da Secretaría Xeral de Política Lingüística, Jorquera asegurou que "o BNG será plenamente respetuoso cos acordos suscritos co PSdeG" que, no caso da lingua, se refiren a compromisos programáticos e de estructura orgánica.

"Non importan os nome, senón a política", asegurou o coordinador executivo do BNG, quen insistiu en que a formación nacionalista "adicaralle os seus esforzos" a lograr que o PXNLG teña cumprimento.

Por último, Lobeita apuntou que o Grupo Parlamentario do BNG ten rexistradas na Cámara galega diversas iniciativas para avanzar na aplicación do PXNLG no ensno, na efectiva galeguizacion do comercio e para garantir na rede de Escolas Infantís o dereito a escolarizar en galego.