Cándido Pazó, Eduardo Alonso e Gustavo Pernas optarán ao Premio Max a 'Mellor Autor Teatral en Galego'

Actualizado: martes, 31 enero 2006 18:35

SANTIAGO DE COMPOSTELA, 31 Ene. (EUROPA PRESS) -

Os dramaturgos Cándido Pazó, Eduardo Alonso e Gustavo Pernas competirán na categoría de 'Mellor Autor Teatral en Galego' da novena edición dos Premios Max das Artes Escénicas que convoca a Sociedade General de Autores y Editores (SGAE).

Segundo un comunicado, Cándido Pazó, que xa foi recoñecido neste certame no ano 2002, optará ao galardón pola obra 'García', mentres que Eduardo Alonso o fará por 'Confesión', e Gustavo Pernas por 'Paso de cebra'. De tódolos xeitos, a SGAE aínda no fixo pública a identidade do autor galego que desputará o Max a 'Dramaturgo Revelación'.

Así, os nomes dos galardonados non se coñecerán ata o vindeiro 13 de marzo, data na que se celebrará a gala de entrega, que terá lugar no Barcelona Teatro Musical da cidade condal.

Por outra banda, as obras que máis candidaturas aglutinan nestes IX Premios Max son as montaxes 'La Celestina', 'Solas', 'Hamelín' e o musical 'Mar i Cel'.