SANTIAGO DE COMPOSTELA 3 Jul. (EUROPA PRESS) -
O Consello da Cultura de Galicia -CCG- celebrará este fin de semana en Santiago de Compostela o seminario "Arte,identidade e globalización" para analizar a situación da arte contemporánea.
Este evento que se reptería o 20 e 21 xullo, reunirá os próximos días 6 e 7 e 20 e 21 de xullo reunirá a destacados profesionais da arte da península. Así, en Santiago darnse cita a responsable de ARCO, Lourdes Fernández; o director do Museo de Arte Contemporánea de León (MUSAC) Rafael Doctor; os creadores Santiago Cirugeda e Toño Barreiro, ou a crítica Anna María Guasch.
O obxetivo do encontro é analizar a actividade de distintos focos artísticos activos situados na periferia e que destacan ademáis pola forte presenza da súa identidade, como Cataluña, Portugal, o País Vasco ou a propia Galicia.
O último día deste seminario está adicado a Galicia, analizada dende o punto de vista de profesionais galegos como o crítico e profesor da Facultade de belas artes de Pontevedra Alberto Ruiz Samaniego, a artista visual Carmen Nogueira ou o director do CGAC Manuel Oliviera. A inscripción farase na web o CCG http://www.consellodacultura.org.