O Concello de Santiago consensua cos cidadáns o destino dos 600.000 euros do orzamento do Consello de Relacións Veciñais

Europa Press Galicia
Actualizado: viernes, 10 febrero 2006 18:21

SANTIAGO DE COMPOSTELA 10 Feb. (EUROPA PRESS) -

O Concello de Santiago, a través do Departamento de Relacións Veciñais, dirixido polo nacionalista Manuel Portas, chegou a un acordo cos veciños para o destino dos 600.000 euros de orzamento do Consello de Relacións Veciñais.

Segundo informou hoxe a Concellalía de Relacións veciñais, a proposta de reparto do orzamento foi onte tratada, debatida e, finalmente, tralas suxestións presentadas polo Consello Veciñal, foi pechada. O concelleiro de Relacións Veciñais, Manuel Portas (BNG) amosouse "moi satisfeito" de que o reparto fora acordado cos propios veciños, respostando así á dinámica dun departamento que quere apostar pola democracia participativa.

A cantidade dos orzamentos este ano ascende a 600.000 euros que, unha vez excluída a partida de 400.000 euros destinada á primeira anualidade da construcción da Casa do Asociacionismo, quedaría na mesma cantidade da que dispuxo a concellería o ano pasado, 200.000 euros.

Uns 80.000 euros destináranse a convenios de colaboración entre a concellería a as asociacións de veciños. O resto dos cartos destinarase a publicacións, actividades organizadas pola concellería, proxectos con outros departamentos e á xanela do asociacionismo.

Ademais, como novidades a respeito das iniciativas que este ano propón o Departamento de Relacións Veciñais, están as IV Xornadas do movimento asociativo veciñal compostelano, que se celebran cada dous anos; e a elaboración, edición renovada e distribución da Guía Cidadá, que leva tempo esgotada pois a última versión é do ano 2003.

Por outra banda, na reunión tamén se acordou a celebración dun acto de homenaxe a membros do movememento veciñal que se caracterizaron pola súa dedicación e compromiso e que se celebrará en breve.

Contenido patrocinado