A Deputación da Coruña edita dúas publicacións sobre os textos dramáticos de Cunqueiro e Lugrís Freire

Actualizado: lunes, 3 abril 2006 20:20

A CORUÑA, 3 Abr. (EUROPA PRESS) -

A Deputación de A Coruña presentou hoxe dous novos manuais da factoría de teatro Casahamlet, titulados "Guía das obras dramáticas de Álvaro Cunqueiro" e "Na outra banda da ponte. Materiais para un espectáculo didáctico sobre Manuel Lugrís Freire".

"Guía das obras dramáticas de Álvaro Cunqueiro" é unha obra realizada por Manuel Lourenzo e Francisco Pillado na que se recollen, clasifican e organizan materiais sobre o teatro do autor, a través dalgunhas das escenas máis representativas da súa producción dramatúrxica en galego.

A outra publicación ,"Na outra banda da ponte. Materiais para un espectáculo didáctico sobre Manuel Lugrís Freire", é unha obra de teatro na que se propón un repaso á biografía do xornalista, dramaturgo e escritor sadense, a quen a Real Academia adica esta ano o "Día das Letras Galegas".

As dúas publicacións son froito da colaboración entre a Deputación de A Coruña e o proxecto cultural Casahamlet, segundo suliñou, na súa presentación, o deputado responsable da área de Cultura, Celestino Poza Domínguez, que presentou tamén o contido do novo acordo de cooperación entre ambalas dúas partes.

COLABORACION CON CASAHAMLET

A Deputación de A Coruña financia este ano con 70.000 euros o densenvolvemento do laboratorio teatral de Casahmalet, que ademáis da publicación dos manuais, contempla tamén a edición da Revista Casahamlet, que estará adicado ós teatros históricos.

O proxecto teatral conta tamén co desenvolvemento de distintas actividades de formación en expresión corporal, arte dramática, e danza. En total, realizaránse cinco actividades formativas na Coruña, Culleredo e Betanzos.

Sobre as guías dramáticas de Alvaro Cunqueiro, o autor da publicación, Manuel Lourenzo, suliñou a calidade dos textos dramáticos de Cunqueiro, de quen dixo que "a súa obra é comparable á de Shakespeare".

Pola súa banda, Francisco Pillado destacou da figura de Lugrís Freire a súa condición de ser o autor da primera gramática escrita en galego e o primeiro dramaturgo en prosa en língua galega.