Dez nenos en situacións especiais foron adoptados por familias galegas nos primeiros 6 meses do 'Buscámoste a Ti'

Quintana advirte de que "a obriga da administración" é buscar para os menores "a mellor familia" e non dar "o mellor neno" a uns pais

Europa Press Galicia
Actualizado: miércoles, 14 junio 2006 16:03

SANTIAGO DE COMPOSTELA, 14 Jun. (EUROPA PRESS) -

Dez nenos en situacións especiais, que se atopaban en centros de acollida da Administración Autonómica, foron adoptados por familias galegas nos primeiros seis meses do programa 'Buscámoste a Ti', desenvolvido por Arela de Iniciativas de Apoio á Infancia, co apoio da Vicepresidencia da Xunta, a Obra Social de Caixa Galicia e a Fundación Santa María. O vicepresidente da Xunta, Anxo Quintana, e o director de Areal, Ángel Martínez Puente, presentoron hoxe en Santiago de Compostela os resultados deste programa que ten como obxectivo dar unha resposta familiar aos nenos e nenas que, estando en situación de adopción nos centros de menores, non poden ver cumprido este dereito debido ás súas circunstancias persoais.

O programa 'Buscámoste a ti', que se puxo en marcha o pasado mes de decembro en Galicia, vén procurando neste tempo buscar unha familia adoptiva a un total de 18 rapaces e rapazas que residen en centros de menores. Entre os menores incluidos nesta iniciativa se atopan aqueles que teñen máis de oito anos, os que son tres ou máis irmáns, aqueles que padecer algunha enfermidade ou ben teñen algunha discapacidade física ou psíquica.

Todos eles teñen grandes complicacións para a súa adopción e non poden ver cumpridos os seus dereitos de vivir nunha familia, polo que a Secretaría Xeral do Benestar e Arela crearon un equipo de profesionais dedicado especificamente á información e formación dos solicitantes de adopción, ao coñecemento dos rapaces e rapazas destinatarios do programa e a facer un seguimento completo e continuado de todo o proceso adoptivo. Este equipo vén complementar o labor que xa se realiza neste sentido dende os departamentos de adopción da Xunta.

RESPOSTA DAS FAMILIAS

O responsable de Arela, Ángel Martínez Puente, resaltou o apoio dado a 'Buscámote a Ti' e admitiou que cando se iniciou o programa se plantexaron "resultados cautelosos", pero salientou o feito de que os obtidos permiten "a ledicia" de todos. Admitiu que Galicia "sempre" se comportou neste tipo de adopcións, ainda que constatou que o programa "acelerou o ritmo".

Martínez Puente explicou que, durante este primeiro semestre de funcionamento, o programa de adopcións especiais permitiu que dos 18 nenos e nedas dados de alta no programa sete xa estén integrados nunha nova familia e outros tres o estarán "en breve". Segundo os datos de Arela, xunto aos oito rapaces que siguen pendentes de atopar una familia hai outros 15 que están en trámites de ser dados de alta no programa.

En canto ás familias que participaron no 'Buscámoste a ti', o responsable de Arela admitiu que no inicio do programa pensábase que ían ser familias de idades maiores, pero constatou que hai moitas con pais de 35 anos e un fillo de un ano que asumen a adopción de estes menores como "solidariedade".

Arela informou de que un total de 130 familias galegas contactaron con este programa, das que 48 solicitaron ser entrevistadas. Finalmente, 41 delas foron entrevistadas e 15 seguen adiante e 16 concluiron os cursos formativos para o proceso adoptivo.

OBRIGA COS MENORES

Na súa intervención, o vicepresidente afirmou que "todo individuo ten dereito a aspisrar a ser pai ou nai", pero insistiu moito en que, en materia de adopción, "non se pode perder o norte" sobre o que a Administración "ten a obriga de facer".

Asegurou que a adopción é un recurso para a protección dos menores, e resaltou que nesta responsabilidade débese cumprir tamén cos rapaces que se atopan nas situacións máis difíciles. Por iso, engadiu que "as administracións temos que garantir que o neno vai ter a mellor familia, e non que unha familia teña o mellor neno, porque todos os nenos merecen este cualificativo, con independencia da súa situación persoal". Neste senso, acrecentou que "non se trata de atoparlle calquera familia a estes rapaces, senón aquela familia que sexa a mellor para eles".

Lembrou que todos os nenos teñen o dereito de vivir de xeito normalizado nunha familia que lles proporcione cariño e seguridade, lembrou que "é necesario concienciar á sociedade de que a adopción é un recurso de protección para os menores" e engadiu que se trata, fundamentalmente, "de nenos que precisan pais e non de pais que precisan nenos".

SOCIOS

Asemade, Anxo Quintana recordou que a "protección dos máis vulnerables e indefensos é unha prioridade do Goberno galego e da Vicepresidencia". Por iso, dixo que o seu departamento, con competencias nesta materia, fixo un esforzo especial coa posta en marcha do programa 'Buscámoste a Ti'.

Manifestou que nesta tarefa se ten contado cos mellores socios, en referencia a Arela e á Obra Social de Caixa Galicia, pero recalcou que "en materia de asuntos sociais este Goberno nunca vai abdicar das súas responsabilidades", senón que quere afrontalas e procurar solucións.

De todos os xeitos, Quintana avogou por buscar socios, que non substitutos, na sociedade galega para conseguir chegar ás mellores solucións. Ao respecto, Quintana considerou que o éxito do programa de adopcións especiais "é algo do que debe congratularse toda a sociedade galega, que demostrou ser unha sociedade madura, solidaria e sensible; unha sociedade que responde cando se lle pide colaboración".

Contenido patrocinado