SANTIAGO DE COMPOSTELA 17 Jul. (EUROPA PRESS) -
A Filmoteca Española elixiu a cidade da Coruña para celebrar a décima edición do 'Seminario Obradoiro de Archivos Técnicos', que se celebrará os próximos días 15, 16 y 17 de novembro na cidade herculina gracias á colaboración do Centro Galego de Artes da Imaxe (CGAI) e a TVG.
Así o anunciou hoxe o director xeral de Comunicación Adiovisual, Manuel José Fernández Iglesias, nunha roda de prensa na que, xunto ao director da Filmoteca Española, José María Prado, presentou as xornadas deste ano, que tratarán sobre realización, dirección e producción do cinema anterior aos anos 20.
O 'X Seminario Obradoiro de Arquivos Técnicos' levarase a cabo en colaboración co CGAI, dependente da Secretaría Xeral de Comunicación da Xunta de Galicia, que se encargará da organización local e a achega de arquivos fílmicos; e a TVG que aportará ó acto numerosos arquivos de imaxes televisivas.
A organización destes seminarios comezou en 1990 co fin de coordinar a actuación de técnicos de imaxe, de arquivos e laboratorios técnicos de España e Latinoamérica. En anteriores edicións tratáranse temas técnicos vinculados ao uso das novas tecnoloxías no cinema, a aplicación da cor ou o son.
O director xeral da Filmoteca Española, José María Prado, subliñou a importancia de celebrar este seminario en diferentes comunidades para "poñer en común imaxes dos arquivos locais" e "crear as bases dun traballo conxunto".
Tras a presentación do Seminario tivo lugar unha charla coloquio acerca do papel das filmotecas no ámbito da industria audiovisual a cargo de José María Prado e no que interviu tamén, ademáis do público asistente, o director xeral de Comunicación Adiovisual, Manuel José Fernández Iglesias.