O Laboratorio de Formas de Galicia e a Real Academia Galega gañan o Premio Otero Pedrayo 2006

Europa Press Galicia
Actualizado: miércoles, 5 julio 2006 18:09

A CORUÑA 5 Jul. (EUROPA PRESS) -

O Laboratorio de Formas de Galicia e a Real Academia Galega son os gañadores do Premio Otero Pedrayo 2006, convocado polos catro organismos provinciais galegos, por "dignificar a cultura galega", tal e como sinalou hoxe o presidente da Deputación de A Coruña e vicepresidente do xurado, Salvador Fernández Moreda.

O premio, dotado con 30.000 euros, será entregado nunha cerimonia que terá lugar no mes de setembro, "nunha data ainda por decidir", segundo manifestou Fernández Moreda, quen precisou que será no Pazo de Mariñán, en Abegondo (A Coruña), e que contará coa presencia, entre outros, de Isaac Díaz Pardo, un dos fundadores do Laboratorio de Formas.

Esta entidade, nada en 1963 na Galicia emigrada como expresión das inquedanzas dun grupo de exiliados, caracterízaxe, en palabras do xurado, por "unha iniciativa exemplar no proceso rehabilitador da memoria, de recuperación da cultura, da creatividade e de produción cultural, artística e literaria".

A Real Academia Galega, creada o 30 de setembro de 1906, cumpre este ano o seu centenario. Moreda destacou a "dignificación" que a institución fai da lingua galega, así como da sua historia e da sua cultura. Ademais, resaltou "especialmente" a creación do Día das Letras Galegas desde o ano 1963, que significou "un elemento dinamizador e de rescate cultural sen precedentes".

Contenido patrocinado