Letras Galegas.- O escritor Xabier Campos Villar abordará a figura de Manuel Lugrís Freire no IES As Telleiras de Narón

Actualizado: lunes, 22 mayo 2006 20:18

FERROL, 22 May. (EUROPA PRESS) - O escritor Xabier Campos Villar encargarase de falar, mañá, sobre Manuel Lugrís, dentro do programa "Intercentros", que ten coma obxectivo fomentar a implicación de tódalas unidades e centros escolares no afondamento da cultura galega.

A través da conferencia que abordará a "Vida e Obra de Manuel Lugrís Freire", Xabier Campos Villar abordará ante os escolares dos institutos naroneses "As Telleiras" e "Terra de Trasancos", a figura do ilustre sadense. Campos Villar, natural de Rois (A Coruña) ten publicado libros e artigos entorno a Lugrís como unha biografía e unha antoloxía así coma un diccionario.

O relatorio, que terá lugar no IES As Telleiras ás once da mañá, é froito da xestión do Concello de Narón coa editorial Galaxia.