Letras Galegas.- O Parlamento proponse xogar un papel dinamizador para fomentar a "revitalización" da lingua galega

Europa Press Galicia
Actualizado: miércoles, 17 mayo 2006 12:52

SANTIAGO DE COMPOSTELA 17 May. (EUROPA PRESS) -

O Parlamento galego avoga por lograr "unha maior difusión do idioma galego como un dos signos de identidade propios de Galicia" e, por iso, proponse xogar "un papel dinamizador" para fomentar a revitalización desta lingua.

Con este obxectivo, a presidenta do Parlamento, Dolores Villarino, ten remitido unha misiva aos medios de comunicación galegos na que solicita a súa colaboración para "contribuir a dinamizar e impulsar" o galego, de xeito que se empregue esta lingua nas noticias relativas á Cámara autonómica ou a iniciativas presentadas polos deputados.

Na súa misiva, Villarino apunta que todas as medidas e axudas para a progresiva normalización do uso do galego e para aumentar a súa presenza en todos os ámbitos "debe ser un compromiso de todos nós" e subliña a importancia que neste terreo teñen os medios de comunicación.

Contenido patrocinado