A localidade oleirense de Lorbé (A Coruña) celebra hoxe a XVI Festa do Mexillón

Europa Press Galicia
Actualizado: domingo, 6 agosto 2006 12:24

A CORUÑA 6 Ago. (EUROPA PRESS) -

A localidade oleirense de Lorbé (A Coruña) celebra hoxe domingo a XVI edición da Festa do Mexillón cun calendario de actividades no que destaca a relización de diversos eventos musicais e gastronómicos.

Así, a festa comezou o xoves cunha gran sardiñada popular, acompañada de productos típicos da terra e a pasada xornada tocoulle o turno ao churrasco.

Tamén houbo este días unha sesión de alboradas a cargo do Grupo de Gaitas 'A Marola', de Mera, encargada de percorrer algunhas das principais rúas da localidade.

A Festa do Mexillón é considerada o símbolo distintivo por excelencia desta localidade, dentro e fóra do termo municipal. A degustación gastronómica deste bivalvo dará comezo ás 18.00 horas e todos os que se acheguen ata alí poderán probar e comprobar as diferentes maneiras de elaborar e preparar tan exquisito manxar.

Contenido patrocinado