Máis de 1.500 alumnos de Primaria e Secundaria de Galicia e Norte de Portugal asisten hoxe ao Festival da Oralidade

Actualizado: viernes, 19 mayo 2006 11:45

SANTIAGO DE COMPOSTELA, 19 May. (EUROPA PRESS) -

Máis de 1.500 alumnos de centros educativos de Primaria e Secundaria do sur de Galicia e do norte de Portugal encherán hoxe a Carpa da Cultura Circula para asistir ó Festival da Oralidade 'Os nosos sons' que 'Ponte...nas ondas!' organiza xunto co Concello de O Porriño e a Consellería de Cultura.

Centros educativos de Primaira e Secundaria de Tui, Ponteareas, Pontevedra, O Porriño, Salvaterra de Miño, Salceda de Caselas, Vigo, Gondomar, As Neves, Tomiño, Monçao, Melgaço e Valença do Minho confimaron a súa asistencia a esta actividade.

Con este festival, organizado aproveitando instalación da Carpa da Cultura Circula no Porriño, Ponte...nas ondas! promove por primeira vez un festival da oralidade destinado especialmente para os centros educativos de Primaria e Secundaria dos dous lados da fronteira.

O patrimonio inmaterial galego-portugués continúa a marcar as actividades de 'Ponte...nas ondas!'. Nesta ocasión trátase de achegar ós máis novos as sonoridades deste patrimonio.

O relato oral será interpretado polo narrador e actor Avelino González. Tamén haberá proxeccións audiovisuais que recollen os sons dos portadores do patrimonio por todo o territorio, ó que se lle engadirá a tradicional regueifa e os cantos ao desafío da man de dous auténticos trovadores como son Luis Caruncho e Augusto Canario.

A todo isto se lle sumará a nova voz musical de Toñito de Poi e os sons do "fungueirazo", funk-rock, do grupo Loreta Martin. Para rematar unha apaixonante animación da man de Locamotora.