Medio Ambiente comprométese a realizar o saneamento integral de Cuntis (Pontevedra), cun coste de case 600.000 euros

Europa Press Galicia
Actualizado: lunes, 27 marzo 2006 19:39

SANTIAGO DE COMPOSTELA 27 Mar. (EUROPA PRESS) -

O conselleiro de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible, Manuel Vázquez, comprometeuse hoxe, durante a súa visita oficial ó Concello de Cuntis (Pontevedra), a sacar adiante o saneamento integral desta localidade, actuación que ten un coste estimado de 600.000 euros.

Segundo informou este departamento nun comunicado, Vázquez asegurou que a través de Augas de Galicia "dará prioridade" a este proxecto, que inclúe a realización dun estudio que permita establecer unha solución para a depuradora de Cuntis, construída en 1991 pero que leva 12 anos sen funcionar.

Así, este informe técnico determinará se é posible reparar esas instalacións ou se é necesario construír unha nova infraestructura para a depuración das augas residuais deste municipio.

Ademais, o conselleiro anunciou a realización doutros dous "vellos" proxectos que levan tempo "bloquedados". Un deles está destinado ao saneamento da parroquia de Troans (en Cuntis), "a máis afectada" no seu momento pola construcción do encoro do río Umia. Esta obra, segundo a consellería, estaba comprometida desde o ano 1994.

Asi mesmo, Vázquez tamén explicou que o seu departamento asumirá a realización de sendas verdes e a rexeneración ambiental do río Gallo, unha actuación pendente desde 2002.

Contenido patrocinado