Medio Ambiente investirá 1,5 millóns na mellora do sistema de captación e tratamento de agua potable de Betanzos

Europa Press Galicia
Actualizado: miércoles, 2 agosto 2006 21:00

A CORUÑA 2 Ago. (EUROPA PRESS) -

A Consellería de Medio Ambiente adxudicou hoxe as obras de ampliación da rede de saneamento no municipio, que beneficia de forma especial a zona sur do Concello de Betanzos (A Coruña), e de mellora do sistema de captación e tratamento de agua potable, unhas actuacións nas que investirá cerca de 1,5 millóns de euros.

O conselleiro de Medio Ambiente, Manuel Vázquez, e o alcalde, Manuel Lagares, mantuveron unha xuntanza para ademáis de analizar estos dous proxectos, estudar outras actuacións que sexan beneficiosas para as infraestructuras do concello, proxectos nos que xa están a traballar dende as dúas administracións.

O primeiro edil explicou que o proxecto de saneamento recolle a instalación de colectores e construción de depuradoras e estacións de bombeo nos núcleos de Piadela, Guiliade e Requián (estrada principal).

A actuación suporá un desembolso de uns 1.248.000 euros e inclúe, segundo explicou o alcalde, Manuel Lagares, a instalación de máis de 15.000 metros de colectores, a construción de catro estacións de bombeo, tres depuradoras e preto de 400 pozos de rexistro.

O proxecto desenvolverase en varios lugares da zona sur do municipio. O concelleiro de Infraestruturas, Ramón García Vázquez, explicou que en Requián se proxecta, ao longo da estrada que une Requián con Guiliade, desde a parte alta de Xanrozo. Outro dos tramos de saneamento que se incorporaron ao proxecto está na zona de Montellos, ao longo da estrada Betanzos-Mesón do Vento, desde o cruzamento de Montellos ata Guiliade por ambas as dúas marxes.

Contenido patrocinado