Medio Ambiente e a USC elaborarán un plan para avaliar a depuración dos núcleos rurais de Lugo

Europa Press Galicia
Actualizado: martes, 20 junio 2006 19:09

SANTIAGO DE COMPOSTELA 20 Jun. (EUROPA PRESS) -

A Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible e a Universidade de Santiago (USC) elaborarán un plan de avaliación dos sistemas de depuración dos que dispoñen os núcleos rurais da provincia de Lugo

Así o recolle un convenio de colaboración que permitirá analizar as implicacións que o saneamento ten no desenvolvemento sostible, a calidade ambiental e incluso a conservación da natureza, tan vinculada ao medio rural, cunha problemática específica en materia medioambiental debido actividade humana no sector gandeiro e a outras complementarias.

O traballos serán realizados por un equipo da universidade, baixo a dirección dos profesores Manuel Francisco Marey e Javier Cancela, do departamento de Enxenería Agroforestal.

A marcha dos estudos estará supervisada por unha comisión mixta, que estará integrada polo vicerrector de investigación e innovación da Universidade de Santiago e o secretario xeral da Consellería de Medio Ambiente. Asemade, o departamento autonómico aportará 6.000 euros para a realización deste plan.

Contenido patrocinado