A Mesa devolve a Política Lingüística unha caixa con material didáctico e pídelle que faga cumprir o PXNLG

Actualizado: martes, 2 mayo 2006 17:59

SANTIAGO DE COMPOSTELA, 2 May. (EUROPA PRESS) -

A Mesa pola Normalización da Lingua Galega acudiu hoxe ao Rexistro Xeral da Xunta donde entregou unha caixa chea de unidades didácticas, cartaces sobre literatura e outros materiais didácticos que devolveu á Secretaría Xeral de Política Lingüistica e tamén entregou unha instancia para pedir que este departamento "faga o seu traballo a prol da normalización do galego".

Este "acto simbólico" e de reivindicación do Plan Xeral de Normalización da Lingua Galega (PXNLG), celebrado hoxe en San Caetano, en Santiago, contou coa participación do presidente da Mesa, Carlos Callón, xunto coa asecretaria da organización, María Xosé Jamardo, e da responsable de Mocidade pola Normalización Lingüística. Con esta acción a Mesa quere insistir na súa reivindicación de que a Secretaría Xeral de Política Lingüística "cese da súa política de homenaxe ao galego" e pedir "que centre os seus esforzos" en garantir o cumprimento do PXNLG no ensino para o vindeiro curso.

Carlos Callón apuntou que, pese a devolver o material elaborado pola Xunta con motivo do Día das Letras Galegas en torno á figura de Manuel Lugrías, entende que "é necesario" lembrar a este autor. Pero advertiu de que a Mesa cre que ese non é o papel da Secretaría Xeral de Política Lingüística.

O presidente da Mesa manifestou que o departamento que dirixe Marisol López continúa na mesma liña de "traballo viciado" que desenvolvía a anterior Xunta a prol do galego e reivindicou que a Secretaría Xeral debe asumir o papel que lle corresponde a prol da normalización da lingua.

BASARSE NO "CONSENSO" DO PXNLG

Callón voltou a sinalar que Política Lingüística practica unha "política fraudulenta" e que debería adicar as "importantes cantidades" de recursos que gasta en antoloxías a outras accións como propiciar as dobraxes de filmes infantís ao galego ou traducir o programa informático Libra par propiciar o uso da lingua propia de Galicia no eido xudicial.

Asemade, asegurou que "hai moitas cousas" nas que a Secretaría Xeral de Política Lingüística "non está a traballar" e, sobre todo, pediulle que aplique o previsto no PXNLG en canto ao ensino en galego. Según Callón, a Mesa o que demanda é "que haxa unha política lingüística basada no consenso do PXNLG".

O presidente da Mesa afirmou que a política lingüistica "pode ser tranquila e aplicarse amodiño", pero insistiu en que non é o que fai agora a Secretaría Xeral e ten que ver coa normalización do uso da lingua.