O Museo de Arte Contemporáneo Unión Fenosa iniciará o sábado o ciclo 'Compositores galegos na memoria'

Europa Press Galicia
Actualizado: jueves, 26 enero 2006 19:01

A CORUÑA 26 Ene. (EUROPA PRESS) -

O Museo de Arte Contemporáneo Unión Fenosa (MACUF) inaugurará o vindeiro sábado o ciclo 'Compositores galegos na memoria', iniciativa que, en colaboración coa Consellería de Cultura e Deportes e a Asociación de Compositores Galegos, pretende recuperar a obra de creadores galegos relevantes.

Na súa presentación, a directora do MACUF, Carmen Rivera, explicou que este ano se centrará no compositor Angel Barja, que naceu en Santa Cruz de Terroso, Viladevós, (Ourense) en 1938 e que deixou un importante legado de obras musicais.

En concreto, o ciclo se inaugurará cunha conferencia do compositor José Luis Turina, ás 19.00 horas na sede do MACUF, que disertará sobre a obra de Angel Barja. As 20.00 horas se celebrará un concerto nestas instalaciones a cargo da Capilla Clásica de León, da que Barja foi director e que interpretará varias das súas obras.

O concerto incluirá un total de 18 temas, tanto relixiosos como profanos e populares. O secretario da Asociación de Compositores Galegos, Juan Pérez, recordou Angel Barja desenvolveu fóra de Galicia case toda a súa traxectoria profesional e afirmou que o ciclo "supón unha oportunidade para recuperar unha parte da nosa cultura e recoñecer a un gran compositor".

O secretario da Asociación de Compositores Galegos aproveitou tamén o acto de hoxe para reivindicar o traballo que se realiza en Galicia na composición de música clásica e demandou o apoio das institucións para difundir esta obra. Neste senso, a delegada provincial da Consellería de Cultura, Milagros Lantes, expresou o respaldo do seu departamento a iniciativas como a do MACUF.

Contenido patrocinado