Os candidatos aos Premios Mestre Mateo reúnense mañá na Festa dos Nominados na Coruña

Actualizado: miércoles, 8 marzo 2006 21:28

SANTIAGO DE COMPOSTELA, 8 Mar. (EUROPA PRESS) -

A Academia Galega do Audiovisual celebra mañá xoves ás 21.00 horas a Festa dos Nominados aos Premios Mestre Mateo 2005, á que acudirán os socios da institución, profesionais e empresas, produtoras nominadas e diversos representantes institucionais; e que precede á Gala de Entrega dos Premios, que este ano terá lugar o domingo 19 de marzo.

Entre os asistentes á cita de mañá esta prevista a conselleira de Cultura, Ánxela Bugallo; o secretario xeral de Comunicación, Fernando Salgado; o director xeral de Comunicación Audiovisual, Manuel José Fernández Iglesias; ou o novo alcalde da Coruña, Javier Losada.

A Academia deu a coñecer a finais do pasado mes de febreiro os finalistas de cada unha das 25 categorías establecidas nas Bases dos Premios Mestre Mateo 05 que se entregarán o 19 de Marzo na Coruña, no decurso dunha gala que será retransmitida en directo pola TVG.

O número de produtoras presentadas este ano aos premios foi de 37, e o de producións, 93; mentres que os profesionais que optaron a seren nominados nesta votación foron 95.

Ao día seguinte á festa, o 10 de marzo, rematará o prazo da segunda e derradeira rolda de votacións dos socios da Academia, e os resultados se darán a coñecer no decurso da Gala de Entrega dos Premios.