SANTIAGO DE COMPOSTELA 26 Jun. (EUROPA PRESS) -
O IES Rosalía de Castro, en Santiago de Compostela, acolle dende hoxe e ata o 26 de xullo unha mostra antolóxica do pintor ourensano Virxilio, que levaba dez anos sen expor as súas obras na capital de Galicia.
Baixo o título 'Os Oitentas', a mostra pretende case que ser unha "homenaxe" ao pintor ourensano Virxilio Eduardo Fernández Cañedo, de 80 anos de idade, na que se reflexa a súa creatividade, o seu dominio das distintas técnicas e a súa rica experiencia en distintos xéneros pictóricos.
Virxilio comezou a facer exposicións no 1954. Tres anos despois foi a París cunha pequena bolsa de estudos concedida pola Deputación de Ourense e ingresou na Escola Superior de Belas Artes. Ata o 1962, viaxou a París pasando alá longas estadías, pero xa en 1974, marchou a Belín, e en 1983 a Colonia.
O seu mestre foi Faílde, que lle impregnou a súa concepción do debuxo, aínda que Laxeiro tamén o influiu moito. Defínese a sí mesmo coma un pintor "artesanal", porque o que lle gosta é a artesanía e o traballo en si.
Á inauguración da exposición, que inclúe obras nunca expostas, asistirán hoxe pola tarde, entre outros, Luís Bará, director xeral de Creación e Difusión Cultural da Consellería de Cultura; Néstor Rego, concelleiro de Cultura de Santiago; e o catedrático e ex voceiro nacional do BNG Xosé Manuel Beiras.