Política Lingüística demanda a RTVE que manteña a programación en galego e respete o Plan de Normalización

Actualizado: miércoles, 1 marzo 2006 19:54

SANTIAGO DE COMPOSTELA, 1 Mar. (EUROPA PRESS) -

A Secretaría Xeral de Política Lingüística reclama a Radio Televisión Española (RTVE) que manteña a programación en lingua galega que actualmente emite o seu centro territorial na comunidade, tanto en Radio Nacional de España coma en Televisión Española e respete así o Plan Xeral de Normalización.

O departamento autonómico advertiu de que a proposta de suprimir as desconexións territorias da emisora Radio 5 Todo Noticias suporía a desaparición de 17,5 horas de emisións semanais en lingua galega. Ademais, recordou que polo que respecta a TVE-Galicia, o plan elaborado pola SEPI para RTVE prevé pasar de unha hora e media de emisión diaria en galego a 30 minutos.

A xuízo de Política Lingüística, de saír adiante esta proposta produciriase un "retroceso histórico" nos medios de comunicación públicos, en detrimento da pluralidade lingüística e cultural do Estado, a parte de que se perdería "unha das principais funcións sociais que, por mandato constitucional, está a cumprir RTVE no territorio galego".

REUNIÓN CON CAFFAREL

Una situación que iría en prexuízo dos galegofalantes, que para a Xunta contan na actualidade "cunha limitada oferta de información na lingua propia".

Por elo, a secretaria xeral de Política Lingüística, Marisol López, solicitou unha xuntanza coa directora xeral de RTVE, Carmen Caffarel, para tratar este asunto e demandar a continuidade da actual programación en lingua galega.

No encontro, López recurrirá ó Plan Xeral de Normalización da Lingua Galega, aprobado por unanimidade polos tres grupos políticos con representación no Parlamento de Galicia, que establece como medidas prioritarias no ámbito dos medios de comunicación a negociación con TVE para que aumente o tempo de emisión en lingua galega na desconexión territorial, nunha proporción que sexa respectuosa coa maioría de galegofalantes habituais. Ademais, fixa tamén como obxectivo a recuperación de Radio 4 como emisora de RNE que emita integramente en galego.