O responsable do Centro Nacional de Investigación Tecnolóxica participa mañá no XXV aniversario de Física na USC

Europa Press Galicia
Actualizado: miércoles, 14 junio 2006 19:01

SANTIAGO DE COMPOSTELA 14 Jun. (EUROPA PRESS) -

O responsable do Centro Nacional de Investigación Tecnolóxica 'Microelectrónica de Potencia', François Gervais, participará mañá xoves nos actos de celebración do XXV aniversario da Facultade de Física da Universidade de Santiago (USC).

O profesor Gervais, líder do Laboratorio de Electrodinámica de Materiais Avanzados da Universidade francesa Rabelais, ofrecerá ás 12.00 horas na Aula Magna da Facultade de Física a conferencia 'Oxidos supercondutores de altas temperaturas. Cuestións abertas e perspectivas de aplicacións'.

A conferencia, coa que tamén se conmemora o 20 aniversario do descubrimento da superconductividade dos cupratos, está organizada polo Centro de Estudos Avanzados e patrocinada pola Embaixada de Francia, Unión Fenosa e a USC.

Contenido patrocinado