Suso de Toro inaugura mañá na Coruña o ciclo da Fundación Caixa Galicia "Road movies"

Actualizado: lunes, 17 abril 2006 20:12

A CORUÑA, 17 Abr. (EUROPA PRESS) -

O escritor Suso de Toro inaugurará mañá martes o ciclo da Fundación Caixa Galicia "Road movies. Rodando sobre rodas", que a entidade presentará mañá nun acto que se celebrará na súa sede do Cantón Grande na Coruña.

A presentación da nova programación cinematográfica que a Fundación Caixa Galicia levará ás súas sedes nos próximos meses, despois do éxito acadado polos ciclos dedicados a Adolfo Aristarían, Guiseppe Tornatore e ao reflexo do nazismo no cine, terá lugar nun acto que comenzará ás 19.30 horas.

No acto participarán a historiadora do cine Yolanda López, coordinadora deste ciclo, e o escritor Suso de Toro, quen ofrecerá a conferencia inaugural desta nova iniciativa da Fundación Caixa Galicia.

Esta entidade propón con este ciclo unha viaxe por algúns dos títulos máis destacados do xénero da man de directores como Frank Capra, John Ford, Stanley Donen, Clint Eastwood, Steven Spielberg, Dennis Hooper, David Lynch e Alexander Paynevella. En total, serán oito proxeccións que irán desde a comedia ao melodrama, desde o cinema clásico hollywoodiense ata a produción independiente desta xeración.