'O taller do poeta' organiza entre mañá e o xoves tres recitais con motivo da visita do mexicano Roberto Reséndiz

Actualizado: lunes, 17 abril 2006 22:20

SANTIAGO DE COMPOSTELA, 17 Abr. (EUROPA PRESS) -

'O taller do poeta' organizou tres recitais con motivo da visita a Galicia do poeta mexicano Roberto Reséndiz Carmona, para que o autor ofreza unha mostra da súa obra, despois de pechar esta viaxe durante a participación no proxecto Poetas do Mundo, Voces para a Educación, en México, do poeta pontevedrés Fernando Luis Pérez Poza.

O primeiro recital se celebrará mañá ás 20.00 horas, no Salón Laxeiro, da Fundación Caixa Galicia, en Pontevedra. O segundo será o mércores, día 19 de abril, ás 20.00 horas, na Galería Sargadelos de Santiago de Compostela, e nel estará tamén o poeta pontevedrés Alexander Vórtice.

Por último, o terceiro terá lugar o xoves, día 20 de abril, ás 20.30 horas, na sede da Fundación Caixa Galicia de A Coruña, no que intervirá e exercerá de anfitriona a coruñesa Olga Patiño Nogueira.