Uns mil alumnos de Ordes e Santiago asisten ás Xornadas sobre Estrutura e Acceso ao Sistema Universitario de Galicia

Europa Press Galicia
Actualizado: jueves, 23 febrero 2006 16:02

SANTIAGO DE COMPOSTELA 23 Feb. (EUROPA PRESS) -

Un total de 990 alumnos das comarcas de Ordes e Santiago asistiron hoxe no Centro Comarcal de Ordes e no Pazo de Congresos de Santiago, respectivamente, ás VIII Xornadas sobre Estrutura e Acceso ao Sistema Universitario de Galicia (SUG) nas que se facilita información sobre a organización do sistema educativo de ensino superior.

En concreto, o case millar de asistentes foron alumnos do IES Nº1, de Ordes; dos IES de Santiago Eduardo Pondal; Monte de Conxo; Antonio Fraguas Fraguas; As Fontiñas; A Pontepedriña; Rosalía de Castro; San Clemente; do IES de Sar; e do CPR San Pelayo, tamén de Santiago; do IES de Cacheiras, de Teo; e do IES de Ames.

As Xornadas sobre Estrutura e Acceso ao SUG organizánse desde o curso 1998-99 pola Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, en colaboración coa Sociedade Anónima para o Desenvolvemento Comarcal de Galicia, pertencente á Consellería do Medio Rural.

A finalidade consiste en achegar información relevante e de calidade aos alumnos de Bacharelato e aos dos ciclos formativos de grao medio e superior de Galicia sobre a organización do sistema educativo de ensino superior. Ademais, este ano, por primeira vez, facilitarase tamén aos asistentes información sobre as ensinanzas superiores non universitarias; a Formación Profesional de grao superior e as Ensinanzas Artísticas.

As xornadas, que se desenvolverán nos meses de febreiro e marzo, chegarán a un total de 364 centros de ensino das 53 comarcas galegas, cunha asistencia prevista de máis de 12.000 alumnos, o que supón un incremento respecto da edición anterior de preto dun 50%, segundo sinalou a Consellería de Educación.

O evento acompáñanse dunha exposición didáctica itinerante na que terán un papel destacado as tecnoloxías da información e da comunicación, que facilitarán o proceso de busca de información sobre o SUG e outras ensinanzas superiores, así como das probas de acceso á Universidade.

Contenido patrocinado