A USC organiza un seminario sobre as potencialidades do turismo náutico en Galicia

Actualizado: domingo, 12 marzo 2006 12:08

SANTIAGO DE COMPOSTELA, 12 Mar. (EUROPA PRESS) -

O Centro de Estudos e Investigacións Turísticas da USC (CETUR) organiza a vindeira semana en O Grove (Pontevedra) un seminario no que se analizará as 'Potencialidades do turismo náutico en Galicia'.

O encontro celebrarase os vindeiros días 17 e 18 a bordo da embarcación 'José Manuel Masiques'. Nas dúas sesións previstas daranse cita representantes da Xunta con competencias neste campo, así como expertos e investigadores universitarios procedentes de Valencia e Madrid e profesionais galegos do sector náutico.

O relatorios presentados permitirán ós asistentes iniciar un debate arredor de cuestións como o turismo náutico como dinamizador dunha oferta turística diferenciada, a potenciación da econáutica en Galicia ou a náutica de recreo como sector emerxente para a nova economía galega.

O programa inclúe ademais a celebración dunha mesa redonda sobre o desenvolvemento do turismo náutico na comunidade galega e na que intervirán representantes da Xunta de Galicia, de Portos de Galicia, do Club Náutico de Portosín ou do propio CETUR.

A conferencia clausura deste seminario, co título 'Modelos de uso público en parques nacionais. Turismo náutico no Parque Nacional das Illas Atlánticas', será presentada polo director-conservador do Parque Nacional Marítimo Terrestre das Illas Atlánticas, José Antonio Fernández Bouzas.