Varela ve "menosprezo" do Goberno a Galicia, que acolle "catro actos de 400" pola Presidencia da UE

Europa Press Galicia
Actualizado: miércoles, 24 febrero 2010 20:39

SANTIAGO DE COMPOSTELA 24 Feb. (EUROPA PRESS) -

O conselleiro de Cultura e Turismo, Roberto Varela, denunciou hoxe o "menosprezo" do Goberno central a Galicia, xa que, a pesar da coincidencia da Presidencia correspondente da Unión Europea co Ano Santo, unicamente se destinarán á comunidade "catro actos de 400".

"Representa un agravio comparativo sen precedentes", lamentou, e evidenciou que Andalucía conta cunha programación "24 veces maior". En resposta parlamentaria ao deputado do PPdeG Ignacio López Chaves, asegurou que a súa queixa "non é gratuíta nin inxustificada", senón que parte dunha "realidade ben triste".

De igual modo, o parlamentario censurou a "clara discriminación" a Galicia, que só acollerá "o un por cento" do total de actos. "O Goberno non quere recoñecer ou non é consciente do rol revitalizador dos anos jubilares en toda Europa", criticou o titular de Cultura.

"Só pedimos que se dea a Galicia o que lle corresponde, aínda que creemos que o Xacobeo merece un apoio extraordinario", reclamou, para sinalar que "está sendo ignorado" cunha "programación irisorria" que "obvia a cinco das sete cidades galega".

"OPORTUNIDADE PERDIDA"

Por outra banda, o titular de Cultura respondeu a outra pregunta en pleno da deputada do BNG Carme Adán sobre as actuacións previstas pola Xunta para evitar que o Ano Santo sexa "unha oportunidade perdida".

Indicou que o seu departamento prevé un crecemento "lixeiramente positivo" da economía galega debido á celebración do Xacobeo, que cifrou nun 0,2 por cento. Non obstante, expresou a súa "preocupación" por "decisións" do Goberno central que "non benefician" ao sector turístico, tales como a suba do IVE e o aumento da retención do IRPF.

Contenido patrocinado