San Juan deixará de ser festivo autonómico en 2017

Actualizado: miércoles, 4 mayo 2016 20:48

SANTIAGO DE COMPOSTELA, 4 May. (EUROPA PRESS) -

   O calendario laboral de Galicia incluirá como festivos propios para 2017 os días 17 de maio, Día das Letras, mércores; e o 25 de xullo, Día Nacional de Galicia, martes, se ben, a difrencia de 2016, decae como festivo a xornada de San Juan (25 de xuño). Este ano éo en substitución do 1 de maio, que cadrou en domingo.

   Así o recolle o informe analizado este mércores polo Consello da Xunta e que, posteriormente, terá que ser aprobado por decreto. Será acorde coa normativa estatal, que establece o calendario laboral e que fixa as festas de ámbito nacional non recuperables, remuneradas e de carácter obrigatorio, cun máximo de 17 festivos anuais.

   Destes 14 festivos, dous son elixidos por cada concello. Dos outros 12 restantes, nove son de carácter obrigatorio e non substituíbles (1 de xaneiro, Venres Santo, 1 de maio, 15 de agosto, 12 de outubro, 1 de novembro, 6 de decembro, 8 de decembro e 25 de decembro).

   Ademais, outros dous festivos de carácter nacional poden ser substituídos polas comunidades: o 6 de xaneiro e o Xoves Santo, que Galicia non cambia tradicionalmente, e se lle dá a opción ás autonomías entre o 19 de marzo e o 25 de xullo. A comunidade galega sempre fixa o 25 de xullo, xa que é o Día Nacional de Galicia.

   Se algúns dos 9 festivos nacionais de carácter obrigatorio cae en domingo, a comunidade pode substituilo por outro día. Este é o caso en 2017 do 1 de xaneiro, que se substitúe polo 17 de maio.