28-N.- O BNG expresa a súa "satisfacción" porque o pobo catalán vote "con maioría absoluta" dos nacionalistas

Actualizado: domingo, 28 noviembre 2010 22:09

SANTIAGO DE COMPOSTELA, 28 Nov. (EUROPA PRESS) -

O BNG expresou a súa "satisfacción" pola "maioría absoluta" alcanzada polas forzas nacionalistas en Cataluña, tras os prognósticos da enquisa de TV3 que dan entre 63 e 66 escanos a CiU, ademais de felicitar o "virtual novo presidente" da Generalitat, Artur Mas.

"O pobo catalán expresou con claridade o seu respaldo maioritario a aquelas forzas que conciben Cataluña como unha nación que debe decidir libremente o seu futuro sen máis límite que o da vontade democrática das catalás e dos cataláns", sinala a formación frentista nun comunicado.

En concreto, consideran que o avance do nacionalismo catalán "tamén será un factor positivo" para consolidar os dereitos das nacións" nun momento en que están "seriamente cuestionados, non só dende os partidos estatais, senón mesmo de sectores do poder económico".