Abanca obtén a certificación de calidade e transparencia de Aenor para o seu multicrédito '48 horas'

Aenor entrega una certificación a Abanca
REMITIDO
Actualizado: martes, 27 enero 2015 12:34

SANTIAGO DE COMPOSTELA, 27 Ene. (EUROPA PRESS) -

Abanca obtivo a certificación de calidade e transparencia de Aenor (Asociación Española de Normalización e Certificación) segundo a norma 'UNE 93200' para a carta de servizos do seu produto 'Multricrédito 48 horas', co que reivindica converterse na primeira entidade financeira que logra este recoñecemento.

Este certificado, segundo destaca o banco nun comunicado de prensa, "confirma que a carta de servizos do produto 'multicrédito 48 horas' de Abanca cumpre coa norma 'UNE 93200', unha das principais ferramentas que existe actualmente para especificar os requisitos mínimos do contido e proceso de elaboración, seguimento e revisión das cartas de servizos, garantindo que non son meras declaracións de intencións, senón un verdadeiro compromiso de calidade que satisfai as expectativas dos usuarios".

O director xeral de Responsabilidade Social Corporativa e Comunicación, Miguel Ángel Escotet, e o director xeral de Procesos e Tecnoloxías da Información, José Manuel Valiño Blanco, recibiron a certificación de mans do director de Aenor en Galicia, Martín Pita López.

"En Abanca avogamos por unha banca sinxela, innovadora, responsable e transparente e a certificación de Aenor para o produto 'multicrédito 48 horas' é un recoñecemento a este modelo de xestión", sinala Miguel Ángel Escotet.

No informe elaborado por Aenor para certificar a calidade e transparencia da carta de servizos do 'multicrédito 48 horas' destácanse como puntos "fortes" a inclusión de medidas de compensación para o usuario e o reducido número de incidencias por incumprimento do tempo acordado para a tramitación do produto.

"A obtención desta certificación supuxo un importante reto para toda a organización posto que involucrou unha grande parte da entidade co obxectivo de elaborar unha carta de servizos que demostrase o compromiso que temos cos nosos clientes. Ser a primeira entidade en conseguilo ratifica a nosa aposta pola innovación nos servizos que ofrecemos", afirma José Manuel Valiño Blanco.

VISITA DOS AUDITORES

O proceso de certificación incluíu a visita dos auditores de Aenor a unha serie de oficinas de Abanca para realizar entrevistas a todo persoal das sucursais co obxectivo de comprobar que coñecían os compromisos das cartas e todos os procesos asociados a estes.

Aenor é a principal entidade en España dedicada á certificación en todos os sectores industriais e de servizos. O seu traballo de auditoría está fundamentado nos principios de calidade, independencia, imparcialidade, transparencia, obxectividade e recoñecemento internacional.